Casazul acollerá a finais de mes 
un obradoiro de iniciación ao Cabaré

O Laboratorio de Iniciación ao Cabaré, dirixido por Nelson Quinteiro, celebrará os vindeiros 20, 21 e 22 de maio un obradoiro de iniciación ao Cabaré na Casazul.

O horario do curso será:

    • Venres, 20 de maio: de 18.00 a 22 horas.
    • Sábado e domingo, 21 e 22 de maio: 10.00 a 14 horas.

A inscrición é de balde até cubrir as 20 prazas ofertadas. Todas as persoas interesadas poderán inscribirse do 3 ao 20 de maio no enderezo: cabare3@gmail.com ou a través do teléfono 647647404 (aténdese tamén whatsapp).

Trátase dunha primeira toma de contacto que, en función da resposta, poderá devenir nunha actividade permanente do Laboratorio de Cabaré en Pontevedra.

Compartir publicación: